Estimadas familias,

Facemos un breve recordatorio dos servizos do ANPA, a súa inscripción e métodos de pago.

En primeiro lugar, recordamos que para disfrutar de calquera dos servizos que oferte a asociación (almorzos/permanencia, extraescolares ou servizo de nanny) é requisito IMPRESCINDIBLE ser familia SOCIA do ANPA. Será necesario a descarga da aplicación TokApp School pois é o principal medio de comunicación da asociación coas familias socias para avisos, incidencias, comunicación de asambleas, etc.

Para a inscripción como soci@s é necesario cubrir o formulario e adxuntar no mesmo o xustificante de transferencia da cota e seguro escolar. Podedes clicar aquí.

Madrugadores/Permanencia/Esporádicos

Para la inscripción do servizo de madrugadores (trala correspondente inscripción como familia socia) é necesario cubrir o formulario que podedes atopar aquí.

O pago de este servizo farase mediante transferencia bancaria cos seguintes datos:

Beneficiario: ANPA LA LAGUNA
Concepto: Almorzos/permanencia + NOME NEN@
Núm. Cta: ES49 0182 6644 9602 0159 7967
Importe:
Almorzos: ( 38€ os meses de setembro e xuño; 48€ os meses de outubro a maio; O prezo para segundos irmáns de almorzos é de 38€ tódolos meses)
Permanencia: 23€ con independencia do número de irmáns e prezo válido para tódolos meses do curso, de setembro a xuño. 
Esporádicos: 4€ que se pagan en man o mesmo día ás encargadas do servizo. 

Prazo de pago
Os pagos de este mes de inicio deberán constar antes do día 15 de setembr. Os pagos dos restantes meses deberán constar entre o día 1 e 5 de cada mes. É decir, o pago de setembro antes do día 15 do mes e o seguinte pago xa sería entre o 1 e 5 de outubro e igual en meses sucesivos. 

Extraescolares

A inscripción nas actividades extraescolares farase mediante TokApp School no espazo «Extraescolares». Existe un post anterior con tódolos pasos a seguir para o voso rexistro. Podedes acceder a este post informativo, aquí.

O pago das actividades extraescolares xestionarase mediante Cluber. Podedes acceder dende aquí. Será necesario validar unha tarxeta de crédito mediante a cal a aplicación programará os cobros que corresponderán á actividade seleccionada durante o resto do curso.

Nanny

O servizo de nanny (cambios de muda) estará dispoñible para todo o ciclo de infantil e durante todo o curso. Será necesario inscribirse aquí para a súa correspondente inscripción.

O seu custo é o seguinte:
Servizo ata as 14:00h: 60€ o trimestre
Servizo ata as 16:00h: 70€ trimestre
Servizo ata as 17:00h: 80€ o trimestre

Este servizo tamén se pagará mediante a aplicación Cluber. Acceso dende aquí.

Se tendes calquera outra dúbida podedes contactar no mail da asociación anpalalaguna@gmail.com ou mediante atención telefónica de 09:00h a 14:00h.

A primeira semana do curso estaremos de 09:00 a 10:00 na oficina. O restante mes de setembro, estaremos os luns 18 e luns 25 de 09:00h a 10:00h para solventar calquera incidencia/dúbida. O resto do curso estaremos dispoñibles en oficina acordando cita previa.

Un saúdo

A Xunta


Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar