Estimadas familias,

En abril cando comezamos a traballar nos aspectos a mellorar na asociación, consideramos necesario contar cun logo co que se recoñecese á asociación en calquera das actividades ou colaboracións que poidese facer a entidade, pois carecíase del.

Como sabedes propuxemos no centro que de maneira voluntaria, os alumnos que o desexasen poidesen colaborar na elaboración dun logo para a asociación. Aquel que cumprindo coas bases publicadas se seleccionase como gañador, sería tomado como idea e inspiración para a elaboración final do mesmo.

O logo gañador, elaborado por Marina (alumna de sexto curso) enviouse a unha ilustradora para en base a él, facer o logo definitivo da asociación.

Colgamos a continuación o logo de Marina e o definitivo. Esperamos que vos guste!

Un saúdo

A Xunta Directiva


Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar