Estimadas familias,

O vindeiro 10 de outubro convócase unha asamblea extraordinaria coa primeira convocatoria ás 16:15h e a segunda ás 16:30h.

Podedes ver a convocatoria coa orde do día aquí. A acta da asamblea anterior foi enviada por TokApp ás familias socias para a súa aprobación se procede, na asamblea do día 10.

Como sempre, recordamos a importancia da asistencia para poder decidir en conxunto sobre os asuntos relativos ó funcionamento e organización da asociación e das actividades das que é responsable.

Algúns dos aspectos a tratar nesta ocasión:

*Seguro escolar e as cotas asumidas polas familias neste concepto
* Xeito de pago das actividades extraescolares (Cluber).
* Festa de fin de curso
* Uniformes escolares

Esperamos a vosa asistencia.

Un saúdo

A Xunta Directiva


Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar