Estimadas familias,

Deixamos a continuación unhas imaxes para que poidades ver (con datos falsos) cómo moverse a través da app TokApp para facer a inscripción nas actividades extraescolares e tamén xestionar as baixas. Nas nosas redes podedes ver os videos ó completo.

En primeiro lugar, descargaredes dende a vosa «play store» ou «app store» a aplicación Tok App School, na que teredes que facer o rexistro cos vosos datos.

A continuación, seleccionades no menú da esquerda » Extraescolares». Ahí teredes que introducir o código do centro: LAGUNA .

Teredes que cubrir os vosos datos e os dos vosos fillos e fillas. No menú de extraescolares podedes atopar diferentes apartados:

  • Os meus datos
  • Centros (neste apartado apareceravos o centro ó que estades asociados, neste caso ANPA LA LAGUNA).
  • Alumnos (aquí sairán os fillos/fillas que teñades rexistrados)

  • Titores de recollida (deberedes cubrir os datos das persoas autorizadas a recoller os alum@s das extraescolares e seleccionar os alumnos ós que pode recoller)
  • Direccións.
  • Contratar actividades (Aquí teredes que seleccionar as actividades nas que os vosos fillos e fillas se desexen matricular, en o grupo no que asistirán en caso de haber varios dispoñibles. Se unha actividade xa completou o aforo, non permitirá máis matrículas). Cando facedes a matrícula nunha actividade, chegaravos un aviso ó tokapp conforme matriculáchedes a un d@s vos@s fill@s na actividade en cuestión.
  • Matrículas: Dende este apartado poderedes ver as actividades nas que están matriculad@s os vosos fillos e fillas, en qué horarios, en qué espazo ten lugar a actividade, o prezo… Tamén teredes que solicitar aquí as baixas durante o curso no caso de querer deixar a actividade. Recordade que as baixas deben de tramitarse antes do día 20 do mes anterior, se non implicará o pago do mes seguinte.
    Neste apartado apareceravos un coste da actividade uns céntimos máis elevados. Dado que o cobro das actividades non será mediante a aplicación, ignorade esta información, pois os cobros pasaranse mediante domiciliación bancaria sen ese porcentaxe de comisión.
  • Recibos: Este apartado non o utilizaremos pois os pagos non se farán mediante a aplicación.

Esperamos que vos sirva de axuda.

Podedes ver os videos completos nas nosas redes sociales de Instagram e en Facebook.

A Xunta.


Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar