Estimadas familias,

O pasado mes de setembro foinos concedida a subvención da Xunta de Galicia sobre Igualdade para ANPAS, o que nos permite ofertar a programa «En Igualdade hai moito que facer» de TDZ Contidos.

Este programa consta dunha obra de títeres «Un pai en apuros» que se representará o vindeiro día 2 de novembro durante a xornada escolar, no salón de actos do Edificio Servizos Múltiples para todos os alumnos e alumnas do centro, en varias quendas. Sobre esta problemática debatirán nas aulas trala obra.

Ademáis, constará dunha «Escola de Pais e Nais» tratando a problemática «Conciliación e Corresponsabilidade» – Problemáticas e Estratexias que terá lugar os días 21 e 28 de novembro no comedor do centro educativo en horario de 16:15 a 18:15 ambas sesións. Esta escola proporcionará recursos online ás familias para traballar na casa. As inscripcións na escola faranse ó mail da asociación anpalalaguna@gmail.com ata o venres 17 de novembro.

Adxuntamos o cartel a continuación.

Agradecemos a súa colaboración a:
– CEIP Plurilingüe Ría do Burgo
– Concello de Culleredo
– Acougo – Asociación de familias de acollida
– Clube Balonmán Culleredo
– Tanque de Zinc

Este programa está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e cofinanciada con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Saúdos,

A Xunta


Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar