O pasado día 2 de novembro os nenos e nenas de todo o centro educativo (392 alumnos/as) desplazáronse ó Edificio de Servizos múltiples do Concello de Culleredo para poder desfrutar da obra de títeres «Un Pai en Apuros» que formaba parte do programa de igualdade «En igualdade hai moito que facer» subvencionado coas axudas que a Xunta de Galicia proporcionou ás ANPAS para o fomento da igualdade de xénero.

Os vindeiros días proprocionarase un dossier ós docentes para entablar unha reflexión sobre a problemática existente respecto á igualdade de homes e mulleres neste caso, no ámbito das tarefas do fogar e coidado de fillos/fillas.

Recordade, que este programa de igualdade inclúe unha Escola de Pais e Nais de dúas sesións os días 21 e 28 de novembro no comedor do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo, en horario de 16:15 a 18:15 para todas aquelas familias da contorna que desexen asistir, non só as familias da nosa comunidade educativa. Na escola, tratarase a conciliación e a corresponsabilidade e facilitaran recursos online ó respecto.

As inscripcións faranse ata o día 17 de novembro no mail da asociación: anpalalaguna@gmail.com

Agradecemos a súa colaboración a:
– CEIP Plurilingüe Ría do Burgo
– Concello de Culleredo
– Acougo – Asociación de familias de acollida
– Clube Balonmán Culleredo
– Tanque de Zinc

Este programa está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e cofinanciada con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.


Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar